Jitsi é un software libre que permite facer videconferencias e colaboración online.

É de código libre e podedes instalalo no voso propio servidor ou ben usar algún dos servidores gratuitos que hai en liña como este: https://meet.jit.si/

Para utilizalo únicamente tedes que abrilo enlace, poñer na casilla un nome para a reunión e empezala. Podedes enviarlle o enlace a outras persoas ou ben elas poden entrar tamén na páxina e conectarse empregando o mesmo nome de reunión.

Zoom é unha das plataformas de videoconferencia máis utilizadas na actualidade.

https://www.zoom.us/

Teams é a plataforma de comunicación de Microsoft.

De pago, con diferentes plans en función do tipo e tamaño da organización

https://teams.live.com/

Meet é o sistema de videoconferencia e colaboración de Google, integrado con Gmail.

Pódese empregar con contas gratuitas ou corporativas de Gmail e funciona en calquera dispositivo (baseado en navegador)

https://meet.google.com/